Día 2
Logo dunha noite de
descanso, @s acampad@s levantámonos cedo (para ser horario de
verán), e almorzamos. Os monitores estaban na porta esperando a que
pasáramos para darnos os cubertos, pero non mintamos, tamén querían
rirse da nosa cara de dormidos e dormidas.
Despois dirixímonos as
nosas actividades, no noso caso comezamos a quincena pola actividade
de kayak, onde logo dunha “clase teórica” puidemos probar a
auga, axudados por certos monitores. Tamén participamos nunha
carreira de relevos, onde una vez mareados de xirar, tentamos non
afundir máis embarcacións. Tráxicamente, nesta última parte
fracasamos…
Unha vez secos e
famentos, dirixímonos ao comedor.
Xa saciados e cos “piños”
limpos, comezou o noso primeiro tempo libre desta quincena, e, como
non, rápidamente se formou a tradicional cola para mobiles. Tras
poñernos ao día nos nosos teléfonos e falar coa familia, que de
seguro nos bota de menos, reunímonos de novo para comezar coas
actividades da tarde. Desta volta tivemos a sorte de facer a
“actividade estrela do campamento” según moitos, vela.
Acompañados polos diferentes monitores, desfrutamos dunha tarde de
praia e navegación na que, de novo fixemos das nosas, e rematamos
envorcando un Vaurien (pequeno barco veleiro), a propósito…
Logo de recoller as
embarcacións e endulzar o material, dirixímonos cara as duchas,
onde nos sacamos as areas.
Tras o aseo diario,
ceamos. De novo, xa cos dentes limpos, convocamos a “asamblea”, o
momento do día onde podemos suxerir e comentar calquera aspecto do
campamento. Estoy hablando tan tranquila con mis amigas cuando
empieza a sonar la música de Harry Potter.
Vemos unha batalla entre
Mortífagos e magos e chámannos a filas, a loitar contra os nosos
contrincantes. Podo elexir tres formas de loita, rabo, pinza ou tiza.
Sona raro, pero é certo. Tras acabar cos tenis de cores (sintoo
mamá), con oito pinzas pola sudadera e con tres rabos na man,
dirixome a miña base e entrego todo. Madre mía que cristo. Resulta
que todo o meu esforzo foi en vano, porque agora vai haber unha loita
a morte entre tres representantes do noso grupo, e tres do outro.
Incríblemente, gañamos.
Despois de esto mándannos
de novo ao baño, e por fin podémonos meter na cama. A ver se esta
noite non ronca nadie e podo durmir máis de dúas horas seguidas. A
ver o que me espera maña.
Gracias
a todas estas actividades puidemos coñecer a moitos dos compañeiros
que viven en diferentes barracones. Todos nos sentimos moito máis a
gusto agora que nos falamos máis e estamos un pouco máis soltos,
tamén imos perdendo a vergoña e fixémonos amigos entre todos. Nos
sentimos máis cómodas e tranquilas despois de todolos nerviosismos
que tiñamos na casa. Maña é un novo día cheo de novas amizades.

Comentarios
Publicar un comentario